A Laracha | Investigan un atraco á sucursal de Abanca de Paiosaco

0 minutes read

As forzas da orde montaron un operativo de reconstrución e investigación sobre o ocorrido á primeira hora da tarde deste luns na oficina de Abanca, situada no número 46 da Avda. de Bergantiños en Paiosaco, A Laracha. Ao parecer unha persoa entrou na entidade cunha pistola coa que supostamente intimidou ao empregado da sucursal para que lle entregase o diñeiro. A Garda Civil trata de determinar se a arma era real ou simulada e ademais está a tomar declaración ás testemuñas, visualizando as cámaras de seguridade e traballando no esclarecemento dos feitos.