A Laracha investirá 35.000 euros na mellora da seguridade viaria da rúa San Martiño de Paiosaco

1 minutes read
  • As intervencións serán financiadas con fondos municipais

O Concello da Laracha iniciará nos vindeiros días as obras de urbanización e reforzo da seguridade viaria na rúa San Martiño, situada no casco urbano de Paiosaco e que dá acceso ao núcleo da Agrela. O investimento total acada uns 35.000 euros que serán financiados con fondos municipais.

A intervención inclúe a canalización soterrada da rede eléctrica ao longo dunha distancia lineal duns 150 metros, contemplándose a eliminación dos catro postes do actual tendido aéreo. Isto permitirá dispoñer dun maior espazo na calzada, que pasará a ter unha amplitude máxima de sete metros e medio.

O alcalde, José Manuel López Varela, e os concelleiros Jesús Souto e Ramiro Bello reuníronse na propia rúa San Martiño antes do comezo das obras.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?