A Laracha licitará nos vindeiros días varias obras por máis de 480.000 euros

1 minutes read
  • Entre os proxectos atópanse a ampliación da estradas Bos Aires-O Pereiro ou a mellora da rúa Silverio Moreda

O Concello da Laracha licitará nos próximos días tres proxectos de mellora das infraestruturas públicas que suman un importe total de 484.000 euros, a financiar integramente con fondos propios municipais.

A actuación de maior orzamento, concretamente de 243.500 euros, consiste na ampliación da estrada entre Bos Aires e O Pereiro e forma parte do Plan especial de equipamentos educativos do CEIP Otero Pedrayo. Estas intervencións facilitarán a circulación en mabos sentidos, permitirán crear prazas de aparcamento e ademais reforzarán a seguridade viaria da zona. Ao mesmo tempo que se licita o proxecto continuarase avanzando no procedemento de expropiación dos terreos afectados –xa aprobado con carácter definitivo-, no que o Concello inviste outros 44.000 euros.

Outro proxecto de mellora da rede viaria afectará á rúa Silverio Moreda da capital municipal, que será de sentido único. O proxecto, valorado en 85.500 euros, tamén contempla a ampliación das beirarrúas, melloras na iluminación pública e a completa sinalización en toda a rúa.

Tamén se sacará a licitación o proxecto de construción do parque de skate no entorno do IES Agra de Leborís, no que o Concello investirá 155.000 euros, que ademais contará con dúas pistas polideportivas.