Os traballos, a financiar integramente con fondos propios municipais, afectarán aos núcleos de Vilanova, Fornelos e Fragunde, así como á estrada que comunica Marfulo con A Piña, todos eles na parroquia de Vilaño, e a vías que discorren por Vista Alegre e A Millarada, na parroquia de Soandres.
As actuacións contempladas teñen por finalidade mellorar a superficie de rodadura das estradsa afectadas co propósito de facilitar a circulación e contribuír a incrementar a seguridade viaria.
A documentación correspondente aos tres procedementos está dispoñible para a súa consulta na Plataforma de Contratación do Sector Público. O prazo para a presentación de ofertas permanecerá aberto ata o 28 de setembro.
Con estas actuacións o Concello continúa avanzando na mellora e conservación da rede viaria municipal, destinando recursos propios a actuacións que contribúen a facilitar as comunicacións entre todos os núcleos de poboación do termo municipal.
