- O programa inclúe diversidade de obradoiros, xogos e festa con inchables.
- As actividades teñen lugar no pavillón do IES Agra de Leborís en horario de mañá
O Concello da Laracha continúa desenvolvendo o programa de actividades de verán que inclúe propostas especialmente dirixidas aos nenos para axudar na conciliación laboral e persoal das familias.
Nesta semana estase a levar a cabo o campamento urbano no que participan medio centenar de nenos de idades comprendidas entre os 3 e os 7 anos. Obradoiros de cociña, papiroflexia, reciclaxe e chapas ou xogos deportivos e tradicionais son algunhas das actividades que realizan desde este luns os máis cativos no pavillón do IES Agra de Leborís de 9.30 a 13.30 horas. Este venres será a clausura cunha festa especial na que haberá inchables.
O alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira Patricia Bello visitaron aos participantes nas propias instalacións nas que se realiza o campamento urbano.