En concreto a estrada que comunica os núcleos de Novás e O Igrexario, unha das vías da parroquia que soporta maior volume de tráfico por chegar ata as inmediacións da igrexa de Santa Maria de Soutullo.
A actuación contempla a ampliación da plataforma da calzada e tamén a renovación do pavimento ao longo dunha lonxitude de 315 metros. Deste xeito facilitarase a circulación dos vehículos e reforzarase a seguridade viaria.
O alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro de Urbanismo e Obras Públicas, Jesús Souto, comprobaron in situ o desenvolvemento dos traballos, que estarán rematados nos próximos días.