A Laracha mellora a rede viaria nos núcleos do Campo da Porta, Lexas e A Torre, na parroquia de Lendo

C.L.

A intervención afecta a un tramo de 1.700 metros de distancia desa vía. As primeiras actuacións consisten na limpeza das cunetas, iniciándose á altura do núcleo de Lexas. Durante os próximos días seguiranse realizando traballos dirixidos á recuperación dos bordes da calzada para un máis óptimo aproveitamento dos espazos para, a continuación, proceder á nova pavimentación da estrada. As obras concluirán coa sinalización horizontal e vertical co propósito de mellorar a seguridade viaria. O orzamento alcanza os 80.000 euros, que son investidos para mellorar unha das vías municipais con maior volume de tráfico rodado da parroquia de Lendo.

Related posts

O Concello de Camariñas nomeará ao recoñecido locutor Marcial Mouzo como fillo predilecto

Educación licitará canto antes o cambio da cuberta do instituto Eduardo Pondal de Ponteceso

O delegado do Goberno visitou as obras de seguridade e recuperación medioambiental en Razo