A Laracha mellora a superficie de rodadura da estrada no núcleo de Paredes, en Erboedo

1 minutes read

A actuación consiste na renovación da superficie de rodadura dos vehículos cunha nova capa de aglomerado asfáltico en tres camiños que suman unha lonxitude lineal total duns oitocentos metros, incluíndo a limpeza das cunetas a ambas marxes, a formación de beiravías e o perfilado dos noiros.

O tenente alcalde, José Ramón Martínez Barbeito, e o concelleiro de Urbanismo e Obras Públicas, Pablo Cambón, comprobaron o resultado dos traballos executados cunha visita ás obras, que rematarán en próximas datas coa sinalización horizontal e vertical para reforzar a seguridade viaria.

Este proxecto, no que son investidos preto de 30.000 euros, forma parte do plan municipal para a mellora e conservación da rede viaria, cuxa finalidade é ofrecer boas comunicacións rodadas á totalidade dos máis de trescentos núcleos de poboación rural do Concello da Laracha.