A feira de Paiosaco, que se celebra no primeiro e no terceiro domingo de cada mes, ademais de ser un dos principais motores económicos da vila conforma un dos elementos identitarios máis importantes do termo municipal da Laracha pola súa historia e tradición.
No continuo labor de potenciación e promoción da feira e de mellora das infraestruturas públicas nas que se leva a cabo a actividade, o Concello da Laracha promove a actuación que está xa a piques de rematarse e que consiste na renovación da ampla zona de produtos do campo, destinada especialmente a ofrecer un espazo aos agricultores para vender os seus excedentes de produción.
As obras, previstas e contratadas desde antes da declaración do estado de alarma, consisten na pavimentación con aglomerado asfáltico en quente dunha superficie de seis mil metros cadrados e o pintado tanto dos postos de venda como dos pasillos en todo ese ámbito. Isto facilitará a actividade dos vendedores e tamén dos compradores e visitantes ao mellorarse as condicións do firme e favorecer a circulación das persoas polas zonas marcadas.
O Concello inviste 50.000 euros na execución deste proxecto.
A Laracha mellora a zona de produtos do campo do recinto feiral de Paiosaco
Campo de la feria de Paiosaco