A Laracha mellora o abastecemento e recollida de pluviais no Igrexario de Erboedo

O Concello ten en fase de execución un proxecto no Igrexario de Erboedo que presenta o dobre obxectivo de mellorar e ampliar as redes de abastecemento de auga ás vivendas da zona e de recollida de pluviais para facilitar a drenaxe do terreo e aumentar a seguridade viaria.

O alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro de Obras Públicas, Jesús Souto, acudiron ao lugar das actuacións para interesarse polo desenvolvemento destes traballos. O Concello inviste 42.000 euros procedentes integramente de fondos propios municipais.

Este proxecto complementarase posteriormente con outra actuación consistente na renovación da superficie de rodadura da rede viaria nesta mesma zona que o Concello ten actualmente en fase de contratación. Precisamente a programación para estas datas da execución das obras de ampliación das redes de abastecemento e de recollida de pluviais, actualmente en marcha, evitarán no futuro aperturas de gabias que deterioren o pavimento.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha