A Laracha mellora o equipamento de emerxencias cunha pickup e unha cisterna

O Concello da Laracha vén de renovar os seus equipos de emerxencias coa incorporación dun vehículo 4×4 tipo pickup e dun equipo de alta presión con cisterna.

O alcalde, José Manuel López Varela, e o tenente alcalde, José Ramón Martínez Barbeito, recibiron na Praza do Concello ambos equipamentos que xa están a disposición tanto do persoal municipal de emerxencias como da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, para o desenvolvemento de actuacións relacionadas coa protección do medio ambiente e do espazo natural, incluídas posibles intervencións de urxencia para previr, extinguir e xestionar situacións de risco ou sinistros.

A adquisición do vehículo e da motobomba supuxeron un investimento próximo aos 34.000 euros cofinanciados pola Xunta de Galicia a través das liñas de axudas ás entidades locais do Fondo de Compensación Ambiental.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha