Na intervención realizouse a renovación da superficie de rodadura coa aplicación dunha capa de aglomerado asfáltico en quente. A lonxitude lineal alcanza os 2.000 metros, cunha anchura media da calzada duns 5,5 metros. As obras complementaranse nos próximos días coa correspondente sinalización vertical e horizontal para aumentar a seguridade viaria.
O alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro de Urbanismo e Obras Públicas, Jesús Souto, visitaron o lugar das actuacións para comprobar o resultado dos traballos.
O Concello da Laracha conta cunha rede viaria que supera os seiscentos quilómetros lineais. Mantela en boas condicións é un asunto prioritario para o goberno local xa que é fundamental para ofrecer óptimas comunicacións entre os máis de trescentos núcleos de poboación que existen no termo municipal.