A Laracha mellorará o saneamento e a rede viaria en Xermaña

O Concello iniciou o procedemento de contratación dunha ampla actuación localizada en Xermaña, na parroquia de Caión, e coa que se mellorará tanto a rede de saneamento da zona como as vías dese núcleo de poboación.

A intervención referida á mellora das infraestruturas de saneamento consiste na instalación dunha estación de bombeo para evacuar as augas residuais cara a rede xeral. Deste xeito mellorarase o tratamento e farase máis segura a rede de sumidoiros neste entorno.

A outra fase das obras consiste na mellora da rede viaria e inclúe actuacións en dous camiños de Xermaña, estando prevista a renovación da superficie de rodadura nun deles e, no outro caso, a pavimentación dunha pista que actualmente presenta un firme de terra.

O proxecto está valorado en preto de 60.000 euros.