A empresa concesionaria da recollida e transporte dos residuos sólidos urbanos no Concello da Laracha, Coregal, presentou este martes a renovada flota de vehículos e colectores, que suporá unha importante ampliación de servizos e rutas de recollida.
A este acto asistiron o Alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, o presidente da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), a entidade que promove Coregal, Anxo Queiruga, e a responsable do servizo de Coregal na zona, María Villar.
O Concello da Laracha confírmase como referente na posta en marcha da recollida selectiva da fracción orgánica, que pasou de unha a dúas toneladas semanais recollidas durante o período comprendido entre o 20 de xullo e o 30 de outubro.