38
- «Nalgúns puntos a maleza supera os dous metros de altura», sinalan os nacionalistas
Na próxima sesión plenaria ordinaria, que se celebrará a finais deste mes de xullo, o BNG de A Laracha instará ao goberno municipal a adoptar as medidas oportunas para a eliminación da maleza en varios puntos da localidade.
Un dos exemplos do pouco ou mal saneamento no municipio atópase en pleno casco urbano da Laracha, moi preto da praza do Concello. «Nalgúns puntos a maleza chega a superar os dous metros de altura», sinala o líder do grupo municipal nacionalista, Xoán Manoel Sande.