- O centro conta con elementos arquitectónicos que dificultan a mobilidade de varios colectivos
O grupo municipal do BNG en A Laracha levará ao próximo pleno ordinario da Corporación, que se celebrará o venres 31 ás 13:30 horas, unha iniciativa para que se mellore a accesibilidade ao centro social de Erboedo (antiga escola unitaria) coa instalación dunha rampla de acceso e a colocación de varandas.
«Este centro social ten varias escaleiras para poder acceder ao edificio, e ademais non hai nin varandas onde as persoas maiores e con problemas de mobilidade poidan apoiarse», sinala o portavoz do BNG na Laracha, Xoán M. Sande.