A Laracha | O Concello amplía a rede de abastecemento na parroquia de Coiro

Ampliación da rede de abastecemento en Coiro_Cedida

  • As obras fináncianse integramente con fondos municipais

O Concello da Laracha iniciou as obras de ampliación da rede de abastecemento de auga na parroquia de Coiro. A actuación, financiada integramente con fondos municipais, consiste na instalación soterrada dun novo tramo de traída duns 240 metros lineais de distancia para aumentar a cobertura deste servizo ata todas as vivendas situadas nos núcleos de A Casanova e A Ferraría.

O alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Jesús Souto, reuníronse no lugar das actuacións co responsable da empresa construtora para interesarse polo desenvolvemento dos traballos.