35
- A subvención nominativa municipal ascende a 5.000 euros
José Manuel López Varela, alcalde da Laracha, e José Héctor Morgade Carracedo, Patrón Maior de Caión, renovaron este martes o convenio de colaboración entre o Concello e a Confraría de Pescadores da localidade costeira.
Os termos acordados non cambiaron, e o Concello da Laracha concederá unha subvención nominativa de 5.000 euros coa finalidade de cooperar no financiamento dos gastos derivados da apertura ao público e o mantemento das instalacións (gastos en persoal, limpeza, electricidade, etc.) do Arquivo da Pesca, museo que é propiedade da Confraría.