A Laracha | O concurso de escaparates de Nadal xa ten gañadores

Escaparate de Agrícola Castiñeira_Ayuntamiento de A Laracha

  • No certame repártense en total 1.800 euros entre todos os participantes

A 25ª edición do concurso de escaparates de Nadal convocado polo Concello da Laracha xa ten gañadores. Ao igual que o ano pasado, nesta edición houbo dúas modalidades: a tradicional cos galardóns outorgados polo xurado e tamén o realizado na páxina de Facebook do Concello.

Así, os premiados en base ás valoracións do xurado –formado por representantes municipais e Concha Iglesias, presidenta da Asociación de Comercio, Servizos e Industria da Laracha (ACSIL) foron: Agrícola Castiñeira (1º premio, 500 euros), Panadería Ramiro (2º premio, 400 euros), Floristería Churima (3º premio, 300 euros), Clínica Veterinaria Xarope (4º premio, 200 euros) e O Casillero Materiales de Construcción (5º premio, 100 euros).

No concurso de Facebook, os gañadores serían aqueles que recibiran máis reaccións no álbum de fotos no que participaban. Así, as tres fotografías con máis votos a favor foron Cultiagro-Seragra, que recibiu 150 euros ao quedar en primeiro lugar; Agrícola Castiñeira, cun merecido segundo posto e con 100 euros de premio; e O Casillero Materiales de Construcción, que acadou o terceiro posto e recibiu 50 euros.

Esta iniciativa busca apoiar economicamente ás empresas do municipio estimulando, ademais, a creación dunha imaxe acorde con estas datas. No certame repartíronse un total de 1.800 euros entre todos os participantes.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha