Unha das citas culturais clásicas da programación municipal é o Outono de contos que o Concello organiza cada ano nestas datas co dobre obxectivo de ofrecer ao público infantil e familiar unha alternativa divertida para o seu tempo de ocio e espertar nos máis pequenos o interese pola literatura infantil para favorecer aos hábitos de lectura.
A edición deste ano de Outono de contos constará de catro funcións que se van realizar na Laracha, Paiosaco e Caión, con esta programación:
- Venres 10 ás 18:30 h na Casa da Cultura: As peripecias de Xurxo, de Malasombra produccións. Dirixida a maiores de 3 anos. Comedia que aborda o maltrato escolar e o acoso, pero tamén a empatía, o respecto e a amizade.
- Venres 17 ás 18:00 h no Centro Sociocomunitario de Caión: As aventuras de Mariña, de Galeatro. Dirixido a maiores de 3 anos. Sesión de contacontos que combina a narración oral e o teatro de monicreques. O fío condutor é a loita contra a contaminación.
- Venres 24 ás 18:00 h no Centro Sociocultural de Paiosaco: Contos de Caverna, de Lila Teatro. Dirixido a maiores de 5 anos. A peza, pensada tamén como unha homenaxe aos maiores, é protagonizada por dous vellos que pasan o seu tempo enredando con contos que aprenderon de novos.
- Domingo 26 ás 12:00 h na Biblioteca da Laracha: Cu-cú, tas-tás, contacontos para bebés de Barriga Verde consistente nun espectáculo visual e musical que intenta potenciar a capacidade de atención dos máis pequenos da casa.
Outono de Contos é un programa municipal organizado polo Concello coa colaboración da Xunta de Galicia no marco do programa de dinamización da lectura Ler conta moito para a Rede de Bibliotecas de Galicia.