A Laracha | O PSOE rexistra unha moción para que a Xunta retire o protocolo educativo da Covid-19

1 minutes read
  • Piden que se abran canles de diálogo para elaborar un novo protocolo consensuado entre a administración e membros da comunidade educativa

O partido socialista de A Laracha rexistrou unha moción de cara ao próximo pleno na que demandan que o concello inste á Xunta á retirada do actual protocolo de adaptación á Covid-19 dos centros de ensino non universitarios de Galicia. Nesa moción tamén piden que se abran canles de diálogo que permitan consensuar un documento que conte co aval da administración e dos membros da comunidade educativa.

O grupo municipal recibiu, con data do 16 de xullo, o texto de adaptación para o comezo da actividade lectiva no mes de setembro e e portavoz do PSOE da Laracha, Paloma Rodríguez Castiñeira, sinala que ese documento, cuxa difusión se fixo con retraso segundo os socialistas por «motivos claramente electorais», non muda nada e que se seguen «estirando as costuras do sistema educativo para non ter que investir nin un céntimo».

O PSOE considera que o Concello da Laracha debe pedir á Consellería de Educación o investimento suficiente en recursos humanos e materiais para asegurar a necesaria seguridade física e psicolóxica do alumnado e o profesorado.