25
A próxima semana comezarán as obras do proxecto promovido polo Concello da Laracha e que ten por finalidade mellorar a rede de abastecemento de auga potable na parte alta das parroquias de Golmar e de Vilaño.
A actuación consiste na ampliación da rede coa instalacións duns 1.500 metros de novas tubaxes que recibirán subministro directo por bombeo desde a estación potabilizadora (ETAP) de Gabenlle. Deste xeito reforzarase o caudal no ramal que abastece aos núcleos de poboación da Viña, As Brañas da Viña, Marfulo, O Igrexario de Golmar e O Ramallal.
O proxecto, que será financiado integramente con fondos municipais, suporá un investimento de 45.000 euros.