A Laracha oferta o servizo de conciliación para o Entroido

1 minutes read

O Concello abre a inscrición para o servizo de apoio á conciliación da vida persoal, laboral e familiar que se oferta a través do Programa Harmoniza: Conciliando na Laracha durante as vacación de Entroido.

O prazo para solicitar a praza estará aberto ata o 5 de febreiro. As persoas interesadas poden tramitar a inscrición ben a través da sede electrónica ou ben acudindo ao Centro de Información das Mulleres (edificio administrativo da Laracha). Requírese un mínimo de dez inscritos para poder levar a cabo este programa.

O servizo, que vai dirixido a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, estará en funcionamento o luns 12 e o mércores 14 de febreiro (o Martes de Entroido é festivo local na Laracha) entre as 7:00 e as 14:00 horas nas instalacións do CEIP Otero Pedrayo.

Ofrécense dúas modalidades de solicitude para acceder ao servizo de acordo ás necesidades de conciliación de cada usuario, podendo escoller entre utilizalo en horario completo ou reducido e coa opción de almorzo. Os servizos básicos incluídos para calquera modalidade de inscrición son a acollida, coidado, vixilancia e realización de actividades educativas e lúdicas con profesionais especializados.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?