A Laracha | Sete socorristas velarán polos bañistas da praia de Caión durante o verán

Praia de Caión_Concello de A Laracha

  • O contrato foi adxudicado a Top Rescue S.L. por un importe de 68.000 euros

A Xunta de Goberno Local celebrada este xoves na Laracha acordou adxudicar a Top Rescue S.L. o contrato dos servizos de salvamento, socorrismo, vixilancia e primeiros auxilios que estará operativo na praia de Caión durante o verán: todos os días desde o 15 de xullo e ata o 15 de setembro en horario de 12:00 a 20:00 horas.

Nos próximos tres meses serán un total de sete socorristas, máis o coordinador xeral, o persoal que se encargará a diario desas funcións para aumentar a seguridade dos bañistas, informar sobre calquera cuestión que afecte á praia e controlar o uso axeitado do areal de acordo ás normativas vixentes e aos condicionantes establecidos pola Bandeira Azul. Ademais, por primeira vez o servizo de salvamento incorporará unha moto acuática apta para realizar traballos de salvamento.

O Concello inviste 68.000 euros neste contrato, que é prorrogable para a temporada de verán do ano 2023.

Licencias urbanísticas

Na Xunta de Goberno Local tamén foron concedidas tres licencias urbanísticas, das cales dúas son para a construción de sendas vivendas unifamiliares nos núcleos de A Calvela (parroquia de Golmar) e A Fonte da Canle (Vilaño).

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha