A Laracha organiza “Paseos Históricos por Caión”

O Concello da Laracha pon en marcha unha interesante iniciativa para descubrir a historia da vila de Caión.

Os domingos 3 e 17 de novembro realizaranse Paseos históricos por Caión comentados polo escritor local Marcos Emilio Amado. En ambos casos partirase ás 12:00 horas da Praza Eduardo Vila Fano e farase un percorrido para visitar o pazo dos Señores de Montaos, o mosteiro de Santo Agostiño, a igrexa parroquial, o barrio de San Roque, o porto –explicando a súa antiga tradición baleeira- e o Arquivo da Pesca.

Polas súas características, a proposta vai dirixida a todos os públicos, xa que se trata de paseos de pouca distancia ao situarse todos os puntos a visitar moi próximos entre si.

A inscrición abrirase o luns e debe formalizarse previamente no Concello de xeito gratuíto.