A Laracha | Visita guiada ao castro de Montes Claros e o menhir de Erboedo

Imagen de un archivo de la excavación en el castro de Montes Claros_Concello de A Laracha

  • Será o próximo sábado e as prazas son limitadas

O Concello da Laracha programa para o vindeiro sábado, 13 de novembro, unha visita guiada a dous dos seus elementos arqueolóxicos máis importantes: o castro de Montes Claros e o menhir de Erboedo. O obxectivo desta actividade é dobre: que a veciñanza coñeza mellor o seu patrimonio e que comproben as intervencións realizadas polo goberno local nos últimos anos de cara á posta en valor do mesmo.

A visita, con saída do autobús ás 10:00 horas da Praza do Concello, estará guiada pola arqueóloga Puri Soto. As inscricións para anotarse nesta xornada son gratuítas e abriranse este luns ás 9:00 horas cubrindo o formulario que estará dispoñible nas redes sociais municipais. As prazas son limitadas e outorgaranse por orde de inscrición.