A Laracha | Os orzamentos para 2021 alcanzarán os 8.305.000 €

Ayuntamiento de A Laracha

O goberno local da Laracha presentou á Corporación a proposta de orzamentos municipais para o exercicio económico 2021 na Comisión Informativa Permanente de Asuntos Económicos, Facenda e Especial de Contas como paso previo á elevalas ao Pleno extraordinario que se celebrará o mércores da próxima semana (23 de decembro). As contas que se presentan están equilibradas en gastos e ingresos e ascenden a 8.305.000 euros, presentando por tanto un incremento de 70.000 euros con respecto ás do exercicio anterior. Un de cada catro euros destes presupostos (2.028.000 euros) terán por destino a protección social e a promoción do emprego, polo que un ano máis as persoas estarán no centro da política municipal, atendendo as necesidades das persoas que máis o precisan, aumentando a protección social, pero tamén progresando cara a mellora das infraestruturas públicas e a dinamización do municipio dando resposta ás necesidades e inquedanzas da cidadanía.