O Concello da Laracha porá en marcha a próxima semana un novo programa infantil que pretende o triplo obxectivo de ofrecer aos nenos unha alternativa divertida para o seu tempo de ocio, favorecer a conciliación da vida persoal e laboral dos seus pais e, como aspecto central, fomentar a lectura entre os máis pequenos da casa.
Esta nova edición de Outono de contos volverase organizar coa colaboración da Xunta de Galicia no marco do programa de dinamización da lectura Ler conta moito para a Rede de Bibliotecas de Galicia. Dos once espectáculos, dez van dirixidos a nenos a partir dos catro anos de idade e un deles –o do domingo 3 de outubro- é un contacontos para bebés (0 a 3 anos).
Como medida de seguridade, é obrigatorio o uso de máscara para todos os asistentes e cada neno poderá ir acompañado unicamente dun adulto. A entrada é gratuíta ata completar o aforo máximo permitido.
A relación de datas, espectáculos e lugares de celebración é a seguinte:

