A Laracha participará en Israel nun programa para a xuventude

1 minutes read
  • O Concello estará representado polo alcalde, José Manuel López Varela, e os edís José Ramón Martínez Barbeito e Rocío López.

Baixo o título Conexión STEM: educación non formal, –desde o luns 23 e ata o sábado 28 de setembro- celebrarase en Israel, nas cidades de Tel Aviv e Xerusalén, un programa europeo centrado na formación da mocidade en ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas. Segundo a perspectiva da Unión Europea, nos próximos anos precisaranse máis de un millón de persoas vinculadas de xeito profesional a ditos sectores, o que supón a apertura dun importante abano de oportunidades no mercado laboral.

A iniciativa, apoiada polo Instituto de la Juventud (Injuve) e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia no marco do programa Erasmus+ impulsado pola Unión Europea, pretende favorecer que a mocidade poida aproveitar as posibilidades que se lles abrirán nun futuro próximo.

Forman parte do proxecto Conexión STEM: educación non formal un total oito institucións e agrupacións de diversos perfís  procedentes de diferentes países europeos como España, Israel, Rusia, Xeorxia, Italia, Grecia e Portugal. O Concello da Laracha será o socio que capitaneará o proxecto, estando representado en todos os actos oficiais que se desenvolvan nas figuras do alcalde, José Manuel López Varela, e dos concelleiros José Ramón Martínez Barbeito  e Rocío López.