A Laracha | Primeira solicitude de licenza urbanística para un edificio residencial desde o ano 2008

Obreiros construción_PIXABAY

  • Este bloque de pisos situarase na rúa Arxentina e contará con 19 vivendas

O Concello da Laracha recibiu a solicitude de licenza urbanística para a construción dun edificio de 19 vivendas para uso residencial na rúa Arxentina da capital municipal. Trátase da primeira promoción de vivendas en bloque que se presenta no Concello desde o ano 2008 para obter a correspondente licenza.

O proxecto, impulsado por un promotor local, pretende levantar o inmoble nunha parcela que presenta unha superficie de máis de 1.100 metros cadrados. O edificio constaría de planta soto (garaxes e rochos), planta baixa e tres plantas altas máis o aproveitamento do baixo cuberta.

Desde o Goberno local sinalan que no termo municipal da Laracha «estase a rexistrar desde hai anos un continuo e progresivo incremento de poboación, tanto nas zonas urbanas como rurais, que se veu acrecentado coa pandemia do coronavirus». O xurdimento deste tipo de iniciativas «pon de manifesto a existencia de demanda de vivenda», algo que aplauden desde o Concello.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha