36
- Estas luces LED de baixo consumo permanecerán prendidas ata o 6 de xaneiro
O Concello da Laracha inaugurou o acendido das luces do Nadal na Costa da Morte. Este mércores, sobre as 18:00 horas, as principais rúas e prazas dos núcleos urbanos da Laracha, Paiosaco e Caión ilumináronse coa chegada do mes de decembro co principal obxectivo de «potenciar o sector do comercio local», sinalaron desde a Alcaldía.
Estas luces LED de baixo consumo permanecerán prendidas ata o 6 de xaneiro.