A Laracha promove dous proxectos de mellora viaria en Lestón

Foto.- Cedida.

O Concello da Laracha promove dous proxectos de mellora da rede viaria na parroquia de Lestón que suman un investimento total de 140.000 euros.

Un deles xa está practicamente rematado. Afecta á zona urbana da parroquia, é dicir, ao núcleo urbano de Paiosaco. Contempla a renovación do pavimento nas rúas A Barreira, Blanco Amor, Cabana de Bergantiños, Ponteceso e Laxe, fase que xa está rematada, e a posterior sinalización horizontal coa marcaxe das marxes da plataforma da calzada para aumentar a seguridade viaria. Actúase nunha distancia lineal duns seiscentos metros.

O outro proxecto está na fase inicial de execución e neste caso está centrado na zona rural. Consiste na mellora da estrada de novecentos metros de lonxitude lineal que comunica Paiosaco co núcleo de Lestón.