A Laracha, protagonista este sábado da ‘XIX Volta Ciclista á provincia da Coruña’

1 minutes read
  • Na Avenida Doutor López Astray non se permitirá o aparcamento desde o venres e permanecerá pechada ao tráfico durante o paso do pelotón

O Concello da Laracha será protagonista na XIX edición da Volta Ciclista á provincia da Coruña. A proba, unha das citas máis importantes en categoría Elite-Sub23, comezará a disputarse este venres e constará de tres etapas. A segunda delas, a deste sábado, terá a saída e meta na capital municipal da Laracha.

A saída neutralizada está prevista para minutos antes das 13:00 horas na Avenida Doutor López Astray cara a Avenida Fisterra en dirección Lemaio. Tras un percorrido de 141 km pasando polos municipios de Carballo, Malpica de Bergantiños, Ponteceso, Coristanco e Cerceda, regresarán ao punto de partida pola estrada de Soandres. A chegada está prevista entre as 16:21 e as 16:43 horas, pero dependerá da velocidade media da etapa.

Debido á celebración deste evento, o estacionamento de vehículos estará prohibido na Avenida Doutor López Astray desde as 18:00 horas deste venres e ata o sábado pola tarde. Ademais, esa mesma vía quedará pechada á circulación o sábado desde antes da saída (12:45 horas) e da chegada (previsiblemente, en torno ás 16:00 horas), en ambos casos ata o paso do último ciclista e dos vehículos dos equipos e da organización. Así mesmo, durante a etapa haberá alteracións puntuais do tráfico ao longo de todo o percorrido ao paso do pelotón.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?