A Laracha reabre este venres a oficina de turismo de Caión

Cedida

  • Estará a disposición do público de luns a sábado en diferentes horarios.

Este venres, coa chegada do mes de xullo, o Concello da Laracha volverá poñer en funcionamento o servizo de información turística na oficina situada na antiga casa reitoral de Caión. O horario de apertura ao público será o seguinte: os lunes, 15:30 a 18:00 horas; de martes a venres, de 9:00 a 14:00 horas e de 15:30 a 18:00 horas; e os sábados en horario de mañá, ao igual que o resto da semana.

Esta oficina de información funcionará en Caión durante o verán. Posteriormente será reubicada na capital municipal.