O Concello da Laracha reclámalle á Telefónica a reparación de varios tendidos eléctricos

Imaxe do tendido de Telefónica na pista de Compañeiro a O Convento_Cedida

  • O Goberno local remitiulle un documento á compañía tras as continuas queixas da veciñanza

O Concello da Laracha solicitoulle por escrito á dirección xeral de Teléfonica S.A. en Galicia a reparación dos equipamentos da compañía de telecomunicacións situados no municipio, e que se atopan nun deficiente estado de conservación.

Esta reclamación realízase despois das continuas queixas dos veciños denunciando o mal estado do tendido aéreo en determinadas localizacións, nas que o cableado se atopa a baixa altura ou mesmo a ras do chan. No documento tamén se fai referencia a unha caixa coa estrutura deteriorada situada nunha beirarrúa en Bos Aires, xunto ao núcleo urbano da Laracha.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha