A Laracha | Rematan as obras na estrada do Igrexario de Lestón ao cruce da Rabadeira

A actuación, completada polo Concello da Laracha, consistiu na renovación da superficie de rodadura dos vehículos cunha nova capa de aglomerado ao longo dos seiscentos metros de lonxitude desta vía, o reforzamento dos bordes da calzada e a correspondente sinalización horizontal e vertical para aumentar a seguridade viaria.

Polo emprazamento da estrada obxecto desta intervención, tamén se facilitan os acceso á igrexa parroquial de San Martiño de Lestón desde o núcleo urbano de Paiosaco.

Este proxecto, no que foron investidos máis de 30.000 euros, forma parte do plan municipal para a mellora e conservación da rede viaria, cuxa finalidade é ofrecer boas comunicacións rodadas á totalidade dos máis de trescentos núcleos de poboación rural do Concello da Laracha.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha