A Laracha rende homenaxe aos seus maiores

O pavillón do IES Agra de Leborís serviu de escenario dunha nova edición da Festa Homenaxe aos maiores, evento que o Concello da Laracha organiza todos os anos no marco do programa municipal das Letras Galegas.

O acto comezou cunha misa oficiada polos párrocos D. Manuel Boullón (Torás), D. Manuel Mallo (Soandres) e D. Jacinto Collazo (Lestón).

A continuación serviuse o xantar e a xornada rematou cun baile.

O alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira Rocío López agasallaron en nome da Corporación municipal á muller e ao home de maior idade de entre as 700 persoas presentes na Festa Homenaxe, que son:

Jesusa Castiñeiras, de Paiosaco. 103 anos. Na foto, xunto ás 3 fillas e un dos seus xenros.
José María Casás, de A Ferradura (Soandres). 93 anos. Na foto, xunto ao seu fillo e a súa nora.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha