A Laracha renova as marcas de estacionamento da zona azul gratuíta

1 minutes read
  • De luns a venres pola mañá non se permite o aparcamento por un período superior aos 90 minutos

O Concello da Laracha está a executar unha actuación na capital municipal dirixida a remarcar as prazas de estacionamento situadas nos espazos nos que está establecida a zona azul gratuíta: o tramo urbano da Avenida Fisterra e un sector da rúa Santa Lucía.

De acordo coa normativa, os condutores deberán sinalizar a hora de chegada nun lugar visible, non permitíndose o estacionamento por un período superior aos 90 minutos de luns a venres, de 09:00 a 15:30 horas. Durante as tardes, nas fins de semana e festivos estará permitido aparcar sen restricións horarias. A ordenanza municipal establece exencións a ambulancias e vehículos de emerxencias, automóbiles particulares que dispoñan da tarxeta de mobilidade reducida e vehículos do persoal do centro médico e o PAC larachés.

A finalidade da zona azul gratuíta é facilitar a rotación dos vehículos nas áreas máis céntricas da capital do Concello, onde se concentran tanto os edificios administrativos municipais como entidades bancarias, supermercados e diversidade de establecementos comerciais e hostaleiros.