A Laracha renovará dúas estradas en Cabovilaño

O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, o concelleiro responsable de Urbanismo e Obras Públicas, Jesús Souto, e o representante da empresa Canarga S.L. formalizaron o contrato de execución do proxecto que contempla a renovación de dúas estradas na parroquia de Cabovilaño.

A actuación afecta a dúas vías que suman unha lonxitude conxunta de 1,3 quilómetros. Unha delas comunica os núcleos de A Braña, A Cacharra e A Teixoeira e a outra sitúase no lugar de Os Mouriños.

A execución deste proxecto suporá un investimento de 57.000 euros. Trala formalización do contrato, nos próximos días rubricarase a acta de comprobación do replanteo como trámite previo ao inicio das obras.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha