A Laracha reuniu a 600 persoas na festa homenaxe aos seus maiores

600 persoas participaron este sábado na festa homenaxe aos maiores da Laracha que se desenvolveu no pavillón do IES Agra de Leborís.

O alcalde, José Manuel López Varela, e a edil de Servizos Sociais, Rocío López, agasallaron en nome do Concello á muller e ao home máis veteranos entre os presentes no evento, ambos de 95 anos de idade:

– Felisa Bello Lois, de A Castiñeira (Montemaior).

– Julio Añón Pereiro, de Centulle (Lestón).

Antes do xantar, os párrocos D. Manuel Mallo e D. Manuel Boullón oficiaron unha misa no pavillón.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha