- As persoas que recibiran a notificación deben informarse sobre o protocolo a seguir
Segue dispoñible no edificio administrativo da Laracha unha oficina de atención aos titulares das parcelas situadas nas faixas secundarias aos núcleos rurais sobre os incumprimentos na xestión da biomasa detectados pola empresa pública Seaga. As persoas que recibiran a notificación poden acudir a este servizo municipal para informarse sobre a localización da parcela, a área afectada e o procedemento que se seguirá para acometer os traballos oportunos. Pódese solicitar cita previa chamando ao teléfono 981 612 811.