A Laracha sobe a nivel vermello, Laxe mantén o laranxa


A Laracha, único concello da comarca de Bergantiños fóra do peche perimetral, subiu este domingo ao nivel vermello de alerta. Isto non lle supón ningunha modificación con respecto ás restricións vixentes, pero si amosa unha tendencia á alza no número dos contaxios, probablemente relacionada coa incidencia do virus nos concellos limítrofes. Con todo, na Laracha non está restrinxida a mobilidade, pode abrir a hostalería e reunírense persoas non conviventes. A feira de Paiosaco celebrouse con normalidade. O caso contrario atopámolo en Laxe, que polo de agora se mantén en nivel de alerta laranxa. A incidencia do virus está sendo menor neste municipio ca nos limítrofes, pero aquí si está vixente o peche perimetral e as medidas máis restritivas.