40
- Cancélanse aquelas actividades previstas en espazos interiores
No municipio larachés rexístranse este martes un total de 188 casos por Covid-19. Ante estes datos proporcionados polo Sergas, o Concello acordou suspender aquelas actividades da programación de Nadal previstas en espazos interiores. Polo de agora mantense a proxección do filme Joker para o 8 de xaneiro dado que «o formato autocine ofrece plenas garantías de seguridade», afirman desde a Alcaldía.
A realización da cabalgata dos Reis Magos está pendente, e desde o goberno local tomarese unha decisión en función das medidas preventivas que adopte a Xunta.