34
- As bases para poder participar na selección publicaranse nos próximos días
O Concello da Laracha formará unha cuadrilla de obras e servizos municipais coa contratación de trece persoas (nove peóns, dous capataces e dous traballadores para servizos xerais) para un período de sete meses. Esta iniciativa, impulsada pola Deputación da Coruña a través do PEL-Concellos Reactiva 2021, vai dirixida a persoas desempregadas que se atopen nalgunha situación de exclusión laboral.
Entre as súas funcións estarán a realización de traballos para a instalación de sinalización viaria, a reparación de beirarrúas e sumidoiros, o mantemento de espazos públicos ou a vixilancia do cumprimento das medidas sanitarias.
As bases dos procedementos selectivos serán publicadas nos próximos días.