A Laracha | Últimos días para enviar fotos para o concurso polo ‘Día da Muller Rural’

Este xoves, día 6 de outubro, rematará o prazo para presentar traballos e participar no concurso de fotografía ‘Día da Muller Rural’ que organiza o Concello para sumarse á celebración do Día Internacional das Mulleres Rurais que se conmemora o 15 de outubro. O obxecto do certame é reflectir nas imaxes as particularidades das mulleres rurais presentes e pasadas da Laracha, poñer en valor o papel e o traballo desempeñado polas mesmas e a súa contribución ao desenvolvemento local. Poderá participar no concurso de forma individual calquera persoa que sexa residente no termo municipal da Laracha.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha