37
- O vehículo quedou encaixado nunha curva durante a tarde deste xoves, producíndose un corte de tráfico temporal
O Concello da Laracha informou dun corte de tráfico temporal na estrada que comunica Arén con O Cancelo, na parroquia de Cabovilaño, ao sufrir un bloqueo despois de que un tráiler quedara encaixado nunha curva. Esta circunstancia afectou a unha ruta de transporte escolar, que foi desviada por unha vía alternativa. Tamén se facilitaron novas opcións de circulación pola AC-552 e o parque empresarial.
O incidente produciuse durante a tarde deste xoves. O vehículo pertence á empresa de loxística Hispamaroc S.L.