Este Martes de Entroido, festivo local no Concello da Laracha, foi a data principal do programa municipal de actividades que se estivo a desenvolver desde o pasado domingo.
Ás 17:00 horas principiou na Praza do Concello a verbena amenizada pola Orquesta Los Satélites. No descanso da mesma realizouse o tradicional desfile do concurso de disfraces, no que se repartiron máis de 3.000 euros en premios outorgados polo xurado formado por representantes do tecido asociativo municipal. Nas categorías individuais (infantil e adultos) as contías dos premios foron de 60, 50 e 40 euros para os tres primeiros clasificados de cada un deles. En parellas as gratificacións económicas alcanzaron os 70, 60 e 50 euros. Os grupos optaron a 200, 150 e 100 euros. Os premios para as comparsas ascenderon a 600, 500 e 400 euros. Ademais, ata un máximo de dez comparsas non premiadas obtiveron un accésit de 100 euros polo feito de participar.
Resultados do concurso:
CATEGORÍA COMPARSAS
- 1º premio (600 euros): As chilindradas de Vilaño
- 2º premio (500 euros): Carnaval de Venecia
- 3º premio (400 euros): O retorno da alegría
CATEGORÍA GRUPOS
- 1º premio (250 euros): As góndolas por A Laracha
- 2º premio (200 euros): Atrapa o boneco
- 3º premio (150 euros): Tragabolas
CATEGORÍA PARELLAS
- 1º premio (70 euros): Transformers
- 2º premio (60 euros): Canto ajuante!
- 3º premio (50 euros): A vida no mar
CATEGORÍA INDIVIDUAL ADULTOS
- 1º premio (60 euros): O cura cabezón
- 2º premio (50 euros): Parodia dunha triste realidade
- 3º premio (40 euros): Torrente
CATEGORÍA INDIVIDUAL INFANTIL
- 1º premio (60 euros): Café con aroma de mujer
- 2º premio (50 euros): Garuda
- 3º premio (40 euros): Coello de pascua
MEMBROS DO XURADO
- Raúl Toba (Asociación Cultural Santa María de Torás)
- Eva Ramos (Club Salvamento Acuático Laracha SAL)
- Sergi Pena (Asociación Cultural Adro de Vilaño)
- Miguel Varela (Asociación Cultural Fonte da Virxen de Estramil)
- Amalia Vieites (profesora de manualidades e pintura do programa municipal de actividades)