14
- O vehículo está destinado a actuacións de protección do medio ambiente e labores de roza de estradas
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou este xoves A Laracha para coñecer de primeira man as actuacións que realiza o Concello para o coidado do medio ambiente e a prevención dos incendios forestais; labores que contaron cunha achega da Xunta de 32.000 euros do Fondo de cooperación ambiental para a adquisición dun vehículo motobomba.
O vehículo en cuestión está destinado a actuacións de protección do medio ambiente e do espazo natural (como a prevención, extinción e xestión de situacións risco), así como labores mecanizados de roza de estradas, camiños forestais ou predios.