A Deputación da Coruña financia a través do Plan Único a renovación do saneamento no núcleo de Xermaña, na parroquia de Caión, en A Laracha. O ente provincial achega o 100% do orzamento para o proxecto, que alcanza unha contía de 56.610 euros.
As obras atópanse en fase de licitación e poderán presentarse ofertas ata o 31 de marzo. O prazo de execución das mesmas é de 3 meses.
As actuacións da iniciativa permitirán dotar á zona de Xermaña dunha rede de saneamento de residuais renovada. A contorna conta na actualidade cunha rede por gravidade, que agora será mellorada cunha de impulsión para evacuar as augas á rede xeral municipal, que se atopa nunha cota máis elevada na estrada provincial DP-0514.
Para levar a cabo a instalación desta nova rede procederase á demolición do firme nas zonas afectadas, limpeza de cunetas e posterior pavimentación unha vez rematen os traballos.