A legalidade da lei da amnistía avalada pola Comisión de Venecia

O órgano consultivo do Consello de Europa, a Comisión de Venecia, avala no borrador do seu informe a legalidade da lei de amnistía. Tamén subliña que non afecta á separación de poderes, segundo confirmaron fontes socialistas. A Comisión conclúe que a proposición de lei de amnistía pactada entre o PSOE, Junts e ERC cumpre con todos os requisitos de legalidade: respecto ao dereito internacional, seguridade xurídica ao definir con claridade os actos amnistiados e as excepcións, e unha tramitación que permita debate e participación. Chegou a estas conclusións nun borrador do seu informe, que foi encargado pola Mesa do Senado, con maioría do PP, e que elaborou tras escoitar nunha visita a principios de febreiro en Madrid a membros do Goberno, do Congreso, do Senado e do Poder Xudicial.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha